«A versión máis doce do coche de Alonso»

«A versión máis doce do coche de Alonso»
eventos_03«Unha pastelería viguesa fai unha réplica en chocolate do bólido. Os sues clientes poderán “probalo” o día de Pascua.»

«Como cada ano, a panadería El Trigal, situada en Balaidos, quixo estar ca actualidade, e a figura a tamaño real que cada ano elabora para a Semana Santa vai adicada nesta ocasión ó retorno de Alonso a escudería Renault. “Ten 250 quilos de chocolate e levounos dez días de traballo facer esta escultura”, explicou o chocolateiro de El Trigal, Xesús Veiga. O destino final de esta versión do coche de Alonso será o mesmo de tódolos anos: “no domingo entre todolos clientes que veñan ese día, repartirase un anaco para cada un”, afirmóu o chocolateiro. Esta tradición de El Trigal repitese cada ano. É así os habituais desta panadería do barrio de Balaidos xa teñen comido anacos da Sagrada Familia, da Torre Eiffel e dunha vaca feita totalmente de chocolate, que este establecemento elaborou o pasado ano con motivo de ser Vigo a sede de Cow Parade.»

«Un monopraza de chocolate homenaxea a Frenando Alonso e a o seu R28 en Vigo»

«210 quilos de chocolate e 10 días de traballo e ilusión investiron na pastelería el trigal Celta, de Vigo, para facer esta reprodución a tamaño real do R28 de Fernando Alonso, en homenaxe o piloto asturiano. Esta mona de pascua fíxose baixo o lema Vamos saborear o triunfo, e como xa é tradición nesta pastelería da cidade olívica, o vindeiro Domingo, día de Pascua, repartirase en anaquiños entre todos os clientes do establecemento, cando seguro que fará as delicias de grandes e pequenos. O automóbil é obra do mestre pasteleiro Jesús Veiga.»

Otras noticias

¿Qué estás buscando?